LABORATORIO DE CREACIÓN ESCÉNICA
70.00 €
Data: Sábado, 23 de abril
Horario: 10:00 – 13:30 e de 14:15 – 16:45
Prezo: 70€
Descripción do curso:
No curso de creación escénica aprenderemos a organizar un proceso creativo dende o inicio. Dende a idea ata o desenvolvemento dunha peza escénica. Utilizando os recursos que temos á nosa man. É un curso creativo e dinámico no que atoparemos un dos moitos camiños para transmitir a través do teatro e a posta en escena.
Contidos:
- Definición do proceso creativo
- A mirada do contorna
- Organización do proceso creativo
- Puntos de partida
- Documentación
- O mapa conceptual
- Análise de recursos e ferramentas persoais
- Desenvolvemento dun proxecto creativo
Obxectivos:
- Definir e asentar as bases da creación escénica
- Explorar puntos de partida para comezar un proxecto
- Apreciar os estímulos poéticos e cotiáns
- Investigar a narrativa propia
- Organizar o material e achegar sentido artístico
- Desenvolver a base dun proxecto artístico
- Analizar e utilizar os recursos persoais; artísticos e profesionais.
- Experimentar a práctica escénica.
Docente:
Noa Covelo
Licenciada en Arte Dramática na especialidade de Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia
Noa Covelo, licenciada en Arte Dramática na especialidade de Interpretación xestual, comeza o seu desenvolvemento profesional coa xira galega do espectáculo musical As Andanzas de Paio, que compaxina coa docencia en danza infantil. Aproveita a oportunidade de crear un espectáculo para o seu proxecto final de carreira que despega ao ano seguinte coa coprodución do Centro Dramatico Gallego e Butacazero, # CAMIÑOS que vira por toda Galicia. Durante esta segunda xira, chégalle un papel para a película Maria Solinha de Ignacio Vilar e realiza outros proxectos audiovisuais como anuncios e videoclips. En 2018 únese á compañía de teatro contemporáneo Inherente, coa que realiza espectáculos performáticos e de teatro físico, é o seu lugar de experimentación e renovación artística actual, en 2019 producen O rapto de Proserpina e Velliñas, actualmente en xira. No ámbito da docencia continua impartindo danza e teatro para todas as idades en diferentes espazos. A súa paixón polo teatro como pola docencia marcan a súa carreira profesional e persoal.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.